"Todo lo intenso debe ser efímero"
Carlos Monsiváis

Capela das Capuchinas

EPHEMEROS (do grego bizantino ἐφήμερος: que dura un día) é un ciclo de eventos en espazos singulares da cidade, facendo alusión ao seu carácter fuxidío, pasaxeiro, e a que terán lugar sen unha regularidade no espazo ou no tempo. Para cada cita presentarase só os artistas, a xeito de ‘secret show’, e desvelando hora e ubicación o mesmo día do acto. Eventos temporais e que desaparecerán coma a néboa, segredos e dirixidos a un número reducido de asistentes, nunha sorte de íntima celebración. Dende a absoluta independencia de non contar con plataforma ou apoio institucional ningún, o futuro deste ciclo depende directamente do seu público. Por iso dende xa queremos agradecer a todas e todos os que fagades posible a súa continuidade no tempo. Moitas grazas.

Line Up

JONATHAN HULTÉN

Músico e ilustrador (Necromantic Art) sueco, ex-membro da arquicoñecida banda Tribulation, gañadores dun Grammi sueco, presenta por primeira vez en Galicia o seu proxecto en solitario. Un show electroacústico, íntimista, que promete ser único.

PABLO CAAMIÑA URSUSSON

Máis coñecido por liderar a banda de dark folk Sangre de Muérdago, así coma outros moitos proxectos musicais ao longo da súa carreira, como Ekkaia, Cop on Fire, etc. De volta na súa terra, ofreceranos a súa faceta máis minimalista, nun concerto acústico con guitarra e zanfona.

ATHAL-BERATH

Músico e artista audiovisual galego presenta un breve showcase adaptado do que é o seu proxecto “CEREBRAL”, creación sonora controlada por ondas cerebrais.

Tickets